O servizo de mantemento de viarios de Ferrol centra as súas intervencións na zona do Ensanche
O servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, do que se encarga a empresa “Misturas S.A”, está a centrar hoxe os seus traballos en actuacións de reparación de beirarrúas na zona do Ensanche A. Así, segundo a programación de traballos feita, ao longo da xornada, intervirase nas beirarrúas da rúa Miguel de Cervantes e na rúa Cataluña.











