publicidade hoxe

O servizo de mantemento de viarios de Ferrol actúa en diferentes puntos do termo municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O servizo municipal de Obras, Reparacións e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, do que se encarga a empresa “Misturas S.A”, centra hoxe as súas actuacións en diferentes puntos do termo municipal. Así, os operarios desta prestación pública seguen as tarefas de aglomerado na parroquia de Valón, así como co mantemento de beirarrúas en Santa Mariña e na zona limítrofe entre os barrios de Esteiro e Recimil.

Máis concretamente, os traballos de mantemento de viarios céntranse na parroquia de  Valón na estrada de Vilabuíde, onde  dende principios desta semana estas a proceder ao seu aglomerado. Ademais, as actuacións dentro do núcleo urbano localízanse na rúa Chousa, pertencente ao barrio de Santa Mariña; e na rúa Ramón y Cajal, situada na zona limítrofe entre Esteiro e Recimil.

29 de maio de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.