O servizo de mantemento de Ferrol actúa na rúa Cataluña e no acceso ao IES Concepción Arenal
O servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, do que se encarga a empresa “Misturas S.A”, segue a centrar hoxe os seus traballos en actuacións de reparación de beirarrúas. En concreto, os operarios de “Misturas S.A” interveñen nas beirarrúas da rúa Cataluña e á entrada do Instituto de Educación Secundaria (IES) Concepción Arenal.











