publicidade hoxe

O sábado 1 de xuño póñense á venda as entradas para o Circo Romano e Héroes e Deuses do Arde Lucus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaLugo
A-
A+

Mañá sábado 1 de xuño estarán a venda as entradas para os actos do Arde Lucus, o Circo Romano e o espectáculo Heroes e Deuses, e que este ano presentan novidades. As entradas poderanse mercar a través da páxina web do Concello en www.lugo.es/compradeentradas .

Segundo informa a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, este ano a compra de entradas está limitada a 6 por persoa e para a retirada das mesmas hai que presentar o código que se xera tras confirmar a compra na Oficina Municipal de Turismo. Alí imprimirán as entradas e valídanas co sello do Concello de Lugo, dous requisitos necesarias para que sexan válidas. Unha vez efectuada a compra, o usuario debe copiar ou imprimir o código xerado para retirar as entradas.

Como en anos anteriores, o prezo é de 2 euros por entrada. Este novo sistema de pago a través do servidor do Concello é segura e non ten ningún cargo engadido. O que se fai é introducir os datos da tarxeta a través da TPV de Novagaliciabanco  que automaticamente fai o ingreso na conta do Concello de Lugo.

Os espectáculos para os que se poñen en venda as entradas son:

Héroes e deuses

Lugar: explanada pavillón municipal

Data: 14 de xuño

Hora: 00:30h

Héroes e deuses

Lugar: explanada pavillón municipal

Data: 15 de xuño

Hora: 22:30h

Circo romano – As probas dos deuses

Lugar: explanada pavillón municipal

Data: 15 de xuño

Hora: 19:00h

Circo romano – As probas dos deuses

Lugar: explanada pavillón municipal

Data: 16 de xuño

Hora: 18:00h

Os datos de contacto da Oficina Municipal de Turismo de Lugo son:

Praza do Campo, 16. Telf. 982 251 658

Horario de atención de 10:30 a 14:00 horas y de 16:30 a 19:00 horas todos los días.

31 de maio de 2013 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.