O próximo luns 13 remata o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de material escolar
O próximo luns 13 de maio, inclusive, remata o prazo para solicitar as bolsas escolares de axuda para educación infantil para o curso 2013-2014. Ademais este ano, o Concello de Lugo ante a situación social, aumentou o orzamento en 10.000 euros con respesto ao ano pasado para cubrir o maior número posible de familias. Así, para o curso 2013-2014, o importe destinado a estas axudas ascende a 30.000 euros, concedéndose un vale desconto por beneficiario (neno) de 80 euros.
Estas axudas teñen por obxecto a concesión de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo para o segundo ciclo de infantil (3 a 5 anos) e para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos. Ademais este ano só se terán en conta os requisitos económicos para a adxudicación das mesmas. O prazo para solicitar estas axudas e das que se pode descargar o formulario na páxina web do Concello rematan o 13 de maio.











