publicidade hoxe

O prazo para facer a preinscripción dos campamentos da Deputación remata o vindeiro xoves, día 16

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

A Concellaría de Deportes de Ares informa de que o  prazo de inscripción para todos aqueles nenos e nenas do municipio nacidos nos anos 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003 que desexen tomar parte nos campamentos deportivos 2013 que a Deputación da Coruña vai desenvolver do 30 de xuño ao 6 de xullo na cidade herculina remata o vindeiro xoves 16.

A oferta contempla a posibilidade de solicitar praza, outorgando a este Concello un total de catro, de forma que se a demanda fora maior efectuariase un sorteo público o luns día 20 de maio, ás dez da mañá, na Alianza Aresana. No caso de que o número de peticións fora igual ou inferior a esas catro prazas das que dispón o Concello de Ares, as e os interesados quedarían aceptados de forma directa.

Os campamentos desenvolveranse nas instalacións do colexio Calvo Sotelo na Coruña. Os participantes accederán ao campus na xornada do domingo pola tarde e rematarán na xornada vespertina do seguinte sábado despois do almorzo. Tanto no caso da incorporación como no da saída do campamento, os participantes chegarán pola súa conta. As actividades que terán lugar centraranse en deportes como equitación, paseos a cabalo, multiaventura, kaiaks, orientación, piragüismo, paseos en barco, tenis, voleipraia, fútbol-7, baloncesto, volei, capoeira, batuka e hip-hop. Ademais, terán unha pernocta en tenda de campaña unha noite e recibirán clases en inglés.

Tamén desenvolverán actividades culturais así como visitas pola comarca da Coruña.

O prezo que deberán aboar os/as interesadas será de 85 euros. Para solicitar a participación no Campamento, é preciso pasar polas dependencias da OMIX de Ares, ubicada no edificio cultural da Alianza Aresana, e cubrir uns impresos ao efecto.

13 de maio de 2013 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.