O Plan RUA chega esta semana ao barrio dos Rosales

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que dende hoxe luns, 6 de maio, e ata o próximo luns día 13, o Plan RUA realizará unha actuación integral na zona Dos rosales. Durante a próxima semana esta iniciativa chegará a un total de 122.000 metros cadrados.

Nesta zona realizaranse distintas actuacións como limpeza e aseo de rúas, de áreas infantís e de rede de sumidoiros; en concreto limparanse e repararán 300 colectores e repoñeranse 10, limparanse e repararán 130 papeleiras e uns 2.000 metros lineais da rede de rede de sumidoiros. Ademais arranxaranse 2 deficiencias de iluminación pública e 20 metros cadrados de pavimento nas beirarrúas. A estas actuacións súmase o pintado de 12 pasos de peóns e de oito sinais horizontais na calzada e o mantemento de xardíns e zonas verdes e dun parque infantil. Ademais limparase a fonte da praza Elíptica e instalarase un banco nesta mesma praza e procederase ao pintado de varandas nas escaleiras que unen Simón Bolívar coa praza Elíptica.

O Plan RUA permanecerá neste barrio ata o próximo luns 13 de maio, co que concluirá a segunda fase despois de 36 días de actividade. A terceira fase comezará no Agra del Orzán a finais deste mesmo mes e continuará en Monte Alto, Zalaeta e Os Castros.

6 de maio de 2013 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.