O Plan RUA actuará en 17.600 metros cadrados de Palavea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que dende hoxe xoves, 2 de maio, e ata o próximo sábado día 4, o Plan RUA realizará unha actuación integral na zona de Palavea. Durante os próximos tres días esta iniciativa chegará a oito rúas e prazas, o que supón un total de 17.600 metros cadrados.

Nesta zona, á que hoxe se desprazou o concelleiro de Medio, Enrique Salvador, e a concelleira de Barrio, Susana Pazo, realizaranse distintas actuacións como limpeza e aseo de rúas, de áreas infantís e de rede de sumidoiros; en concreto limparanse e repararán 80 colectores e repoñeranse 3, limparanse e repararán 25 papeleiras e uns 800 metros lineais da rede de rede de sumidoiros. Ademais arranxaranse 9 deficiencias de iluminación pública e 25 metros cadrados de pavimento nas beirarrúas. A estas actuacións súmase o pintado de dous pasos de peóns e de tres sinais horizontais na calzada, ademais do mantemento dun parque infantil, dunha fonte e de xardíns e zonas verdes.

O Plan RUA permanecerá neste barrio ata o próximo 4 de maio e retomará os seus traballos o día 6 de maio Nos rosales, onde estará ata o día 13, xornada na que concluirá a segunda fase despois de 36 días de actividade.

2 de maio de 2013 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.