O Plan RUA actúa na zona dos Rosales

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Visita aos traballos na zona dos Rosales

Traballos na zona dos Rosales

O responsable municipal de Medio, Enrique Salvador, e a concelleira de Barrio Mariel Padín achegáronse esta mañá ata Os Rosales con motivo da chegada do Plan RUA á zona, onde permanecerá ata o próximo luns, 13 de maio.

Esta iniciativa chegará a un total de 122.000 metros cadrados do barrio dos Rosales, con actuacións como, por exemplo, a limpeza da fonte da praza Elíptica e a instalación dun banco nesta mesma praza, ademais do pintado de varandas nas escaleiras que unen Simón Bolívar coa praza Elíptica. O Plan RUA tamén recolle para este barrio outras intervencións: limparanse e repararán 300 colectores e repoñeranse 10; repararanse 130 papeleiras e uns 2.000 metros lineais da rede de rede de sumidoiros; arranxaranse dúas deficiencias de iluminación pública e 20 metros cadrados de pavimento nas beirarrúas; pintaranse 12 pasos de peóns e 8 sinais horizontais na calzada; e procederase ao mantemento de xardíns e zonas verdes e dun parque infantil.

O Plan RUA conclúe nos Rosales a súa segunda fase despois de 36 días de actividade. A terceira fase comezará no Agra del Orzán a finais de maio e continuará en Monte Alto, Zalaeta e Os Castros.

7 de maio de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.