publicidade hoxe

O pintor pontevedrés Xulio García Rivas expón as súas “Pinturas sobre papel” en Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Sala de Exposición Antón Rivas Briones acolle durante o mes de maio unha exposición pictórica do artista pontevedrés Xulio García Rivas. A mostra titulada “Pinturas sobre papel” reúne unha colección de acuarelas de diferente formato que se poderán admirar dende o 4 ao 31 de maio.

A exposición que se inaugura esta tarde (ás 20:30 horas) componse de cadros inspirados na natureza, na experiencia vital do propio autor e na súa contorna física e persoal. Son pinturas de cores tenues que transmiten calma e sosego e outras que, con grandes estoupidos de cor, reflicten o poderío da natureza e os sentimentos máis apaixonados ou viscerais. Trátase de acuarelas sobre papel e cartón, onde se combinan pezas de pequeno e gran formato, todas elas presentadas espidas, sen marcos ou envoltorios que poidan disipar a atención da obra en si.

Xulio García Rivas naceu en Borraxeiros (Pontevedra) en 1947. A súa formación artística comeza na Escola de Artes Aplicadas da Coruña, na especialidade de deseño, a principios da década dos setenta. No77 trasládase a Barcelona, para cursar la carreira superior de Belas Artes que remata en 1982. Posteriormente exercerá como profesor de debuxo no instituto de Tui, onde reside na actualidade. A súa primeira mostra individual realizouna 1977 en Vigo. Posteriormente percorre Galicia e salta a Venezuela, onde expuxo en 1980. Participou nos últimos ciclos de Plástica Galega, de Caixavigo, en 1980, en varias edicións da Bienal de Pontevedra e noutras mostras colectivas realizadas en Galicia.

3 de maio de 2013 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.