O Pazo do Bidueiro acollerá a xuntanza de maiores organizada polo Concello de Ordes o próximo 26 de maio
O vindeiro 26 de maio o Concello de Ordes celebrará a súa tradicional Xuntanza de maiores. Unha cita que terá como principal escenario o Pazo do Bidueiro, onde a partir das 13.30 horas se celebrará unha misa solemne que estará seguida dun xantar. Para participar é preciso inscribirse no mesmo consistorio ata o 16 de maio, presentando o DNI e cun prezo de 5 euros por persoa.
Deste xeito o Concello de Ordes pretende rendirlle unha merecida homenaxe aos máis maiores do lugar, adicándolle unha xornada na que a diversión e a boa mesa, coma sempre, marcarán as pautas.