O Paseo Marítimo de Neda acollerá esta fin de semana “The Pat Frus Music Festival”
O Paseo Marítimo será escenario este venres e sábado do The Pat Frus Music Festival, no que tomarán parte grupos de heavy, rock, pop, folc… un sinfín de estilos musicais. Habilitaráse zona de acampada e a asistencia será gratuíta. Organizado polo programa que lle dá nome da Emisora Fórmula Fun Radio e coa colaboración do Concello de Neda, arrancará o venres ás 17 horas cun Concurso de Bandas Noveis. Sobre o escenario competirán nesta primeira xornada catro grupos da comarca e, ao día seguinte á mesma hora, outras catro formacións, tamén locais. O gañador coñeceráse o sábado pasada a medianoite e, como premio, grabará un traballo discográfico nun estudo coruñés. Así mesmo, os seguintes tres clasificados poderán abrir o festival musical que organizará o Moto Club Fojeteiros o día 31 en Narón.
Retomando o programa do venres, e tras o concurso, a partires das 20 horas chegarán as ac-tuacións de cinco bandas. Por esta orde, Frankpsiquiatra, King Sativa, La senda de Afra, Trashnos e Os Cuchufellos. Por último, a xornada pecharáse cunha sesión Dj. Idéntico esquema guiará a xornada do sábado, aínda que nesta ocasión os grupos que pasarán polo esceario serán El Viejo Caracol, Smoking Monkeys, Kowloon, Lady Evil e TST. Así mesmo, Galu Teranga, na xornada do sábado, traerá a súa música senegalesa ao entorno, a modo de espectáculo de animación a pé de rúa, namentras que na xornada do domingo contaráse tamén como artista invitado co cantautor Miguel Castro.











