publicidade hoxe

O Oficina de Cooperativismo da Mancomunidade de Ordes celebra un seminario de inserción laboral e autoemprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Asistentes ao seminario

Asistentes ao seminario

Manuel Regos, alcalde de Ordes, inaugurou esta mañá o Seminario de Inserción Laboral de Autoemprego Cooperativo. Unha cita na que participan un total de 15 alumnos e alumnas do ámbito da comarca de Ordes, e que está desenvolvida pola Unión de Cooperativas Galegas de Traballo Asociado (UGACOTA), en colaboración coa Oficina do Fomento ao Cooperativismo da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.

Entre os obxetivos deste seminario destacan o achegamento do modelo cooperativo á cidadanía e, en concreto, a persoas desempregadas que poden optar a esta fórmula; dar a coñecer as fórmula cooperativa, as súas características e as achegas sociais e económicas; presentar e dar a coñecer casos reais, experiencias de interés, ferramentas e recursos, así como analizar as potencialidades do seu entorno.

En total serán dúas sesións de 5 horas cada unha que darán comenzo a partir das 10 horas. Nas ponencias abordaranse aspectos relativos sobre a fórmula do cooperativismo como alternativa de autoemprego, mentres que o martes o tema principal serán as ideas, as persoas e o emprendemento colectivo.

Este seminario englóbase dentro do programa Coopera+, no que tamén participa a Consellería de Traballo, tendo como ámbito de actuación non soamente o territorio galego senón tamén o norte de Portugal. Nel poden participar todos aqueles municipios ou mancomunidades que, como no caso de Ordes, conten cunha oficina de cooperativismo.

27 de maio de 2013 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.