O ocio e o tempo en familia centrarán o mes de maio na escola de familias “A Orella Verde”
“Ocio e tempo en familia” é o tema principal do mes de maio na Escola de Familias “A Orella Verde” entendido, segundo explica a educadora Lola Serrano, “como un factor fundamental para lograr o desenvolvemento completo da personalidade dos nosos fillos e fillas a través do xogo, da música, de viaxes e actividades ó aire libre”
Estas actividades constitúen “una factor de protección para previr futuras condutas non desexadas como fracaso escolar, consumos ou delincuencia entre outros”
Para facer fincapé nesta temática o Fogar dos Maiores de Allariz acollerá, o día 14 de maio ás 19:00h, unha charla- coloquio impartida pola psicóloga Ana Martínez da Asociación para a Prevención da Exclusión Social. Ademais unha persoa expresidiaria contará a súa testemuña persoal. Ambos exporán técnicas e recursos para previr futuras condutas de risco dende a familia.











