publicidade hoxe

O Museo Marea de Porto do Son celebra o Día Internacional dos Museos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPorto do Son
A-
A+

O Museo Marea celebra este vindeiro sábado o Día Internacional dos Museos con diferentes actividades que xiran en torno ao mundo da conserva. Neste marco cabe salientar a presentación dunha obra audiovisual que documenta a vida en Porto do Son a mediados do s. XX.

Coincidindo co Día Internacional dos Museos que se celebra o sábado día 18 de maio, o Museo Marea presenta un documental sobre Porto do Son nos anos 60 . A obra, que ten unha duración de 12 minutos, xira en torno á sociedade sonense e fai especial fincapé na conserveira de Antonio Pérez Lafuente.

Ademais, o Museo Marea ten previsto para este día unha xornada de portas abertas así como o desenvolvemento dun taller didáctico para nenos titulado: “Carmiña, a sardiña que vive na lata de Antonio Pérez Lafuente”.

16 de maio de 2013 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.