publicidade hoxe

O Museo do Pobo Galego recoñece a labor cultural do Concello de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaVerín
A-
A+

O concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude, Víctor Manuel Baladrón Lamas, asistiu a última asemblea xeral de socios e socias do Museo do Pobo Galego, na que recibiu unha insignia de prata polo 25 aniversario de pertenza do Concello de Verín a esta asociación creada co obxecto de investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos.

Esta distinción, outorgada polo presidente, recoñece a labor de fidelidade, apoio constante e colaboración co Museo do Pobo Galego; así como as actividades culturais realizadas polo ente municipal, neste último cuarto de século, en prol da lingua e cultura galegas.

Ao longo da asemblea xeral, ademais de aprobarse a sesión da acta anterior e imporse estas distincións, elixiuse a representación dos socios no padroado e na xunta reitora, e presentáronse os informe da xunta reitora, dirección do museo e oficina do socios; seguido da inauguración da exposición Entre amigos de fotografía etnográfica de socias e socios do Museo do Pobo Galego.

6 de maio de 2013 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.