O mundo da horta e da xardinería protagoniza o Mercado desta fin de semana en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMonforte de Lemos
A-
A+

O Espazo Central do Mercado de Abastos volverá abrir as súas portas esta fin de semana, días 11 e 12 de maio, para acoller un mercado dedicado ó mundo da horta e da xardinería.

O sábado e o domingo, o MercadoPlantón de horta e flor” achegará unha selección das mellores plantas de horta e xardín, así como unha ampla oferta de artigos  relacionados co seu coidado e cultivo. Nesta ocasión, o número de empresas participantes será menor que outras veces. Isto non se debe a un índice de participación máis baixo, senón que responde ao feito de que cada comerciante precisa dun espazo máis amplo do habitual para amosar os seus produtos ó publico asistente.

O Mercado de xardinería contará coa participación de diversos establecementos locais e foráneos especializados na materia, tales coma:

– Piensos Senra: plantón de flor, sementes, abonos e decoración de xardín
– Cate Floristas: plantas de interior
– Maria Castaña: plantón de horta e de herbas aromáticas
– Os Bacelos: plantón de horta e flor
– Pazo de Esposende: plantón de brezo e de setos
– Bazar Varela: ferramentas, luvas, testos e todo o necesario para o xardín e a horta
– Josefa Carril: plantón de horta

O Mercado “Plantón de horta e flor” permanecerá aberto o sábado día 11 dende as 10:00  ata as 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., mentres que o domingo día 12 estará aberto soamente pola mañá, de 10:00 a 14:00 h.

Este mercado dedicado á xardinería e organizado polo Concello de Monforte é o primeiro dos programados para este mes de maio. A próxima fin de semana será a quenda dun mercado centrado en produtos de chacinería.

9 de maio de 2013 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.