“O meu mar”, exposición de pintura e escultura de Viki Rivadulla

Obra “O percebeiro”
A Concellería de Educación e Cultura en colaboración coa A. C. Caldeirón e no marco do programa Nos tempos das letras 2013 organizan unha exposición da pintora, escultora e dinamizadora cultural Viki Rivadulla.
Esta exposición inaugurarase este sábado día 4 de maio ás 20.00 horas no Espazo Expositivo do Centro Cívico de Malpica cun recital poético que contará coa presencia de X. H. Rivadulla Corcón, Suso Bahamonde, Paco de Tano e Paco Souto.
A exposición “O meu mar” permanecerá aberta ó público en horario de 8.00 h. a 15.00 h. e 15.30 h. a 22.00 h. de luns a venres, os sábados de 10.00 h. a 14.00 h. e de 16.00 h. a 20.00 h. ata o 30 de maio.