publicidade hoxe

O Mercado de Monforte desta fin de semana céntrase nos embutidos e nos xamóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaMonforte de Lemos
A-
A+

O Espazo Central da Praza de Abastos volverá abrir as súas portas esta fin de semana, días 18 e 19 de maio, para acoller un Mercado dedicado ós embutidos e ós xamóns.

A celebración deste Mercado responde á gran afección que hai en Galicia hacia este tipo de produtos, especialmente ós elaborados con porco, aínda que a demanda non perde de vista os acertos dos embutidos de caza ou de porco celta.

O Mercado acollerá unha coidada selección de embutidos de porco, vaca, cervo, xabarín ou avestruz, de Galicia e doutros puntos de España, caso dos ibéricos ou das chacinas de caza.

O Mercado de “Embutidos e xamóns” permanecerá aberto o sábado día 18 dende as 10:00  ata as 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., mentres que o domingo día 19 estará aberto en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 h.

16 de maio de 2013 | 10:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.