publicidade hoxe

O mercado de época aprázase ata o día 20 ante a imposibilidade de que cheguen a tempo todos os artesáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Mercado de Época incluído no programa das Festas de Santa Rita e que estaba previsto que comezase o sábado, 18 de maio, atrasa a súa data de apertura ata o luns, día 20. O aprazamento débese a causas alleas ao Concello, que foi informado esta mesma mañá pola firma organizadora do evento acerca da imposibilidade de que o groso dos artesáns poidan chegar a tempo xa que se atopan nunha feira en Ibiza.

Segundo informou a Concellería de Cultura, a organización so podía garantir para o sábado a presenza na Xunqueira dun pequeno número de postos. Tendo en conta que isto desluciría o evento e tamén, en previsión das malas condicións metereolóxicas que se prevén para a fin de semana, acordouse pospoñer uns días a apertura do Mercado de Época mantendo igualmente as catro xornadas de duración previstas. Deste xeito, poderase contar con todos os feirantes e actividades de animación que soe traer este evento.

En consecuencia, o Mercado de Época celebrarase do 20 ao 24 de maio. A apertura oficial da feira será o luns, ás sete da tarde, xa que os artesáns comezarán a chegar pola mañá para proceder a montar os postos.

16 de maio de 2013 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.