O luns último concerto do I Ciclo de Xóvenes Concertistas no Conservatorio de Música de Tui
O próximo luns 27 de Maio, a partir das 20,30h. celebrarase, na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, o quinto e último concerto do I Ciclo de Xóvenes Concertistas a cargo, desta vez, de tres músicos do propio Conservatorio tudense:
Eva Monroy Quiroga (Violín)
Mariña Álvarez Castaño (Piano)
Irene Cebada Fernández (Violín)
A entrada será gratuíta ata completar o aforo.
Con este quinto Concerto danse por finalizados os concertos deste curso.
Para o próximo curso está previsto darlle continuidade a este Ciclo, tras a boa acollida desta iniciativas, e para así dar a coñecer o traballo dos músicos máis novos que temos na comarca, e para calquera outros Concertistas mozos que desexen mostrar as súas capacidades e cualidades musicais co seu instrumento.
Este Ciclo está organizado polo Conservatorio Profesional de Música de Tui en colaboración co Concello de Tui, a Anpa “Mestre Martínez Pose” e a Radio Municipal de Tui.