publicidade hoxe

O luns 27 de maio recollerase o plástico agrícola nas parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

Antonino Luaces, concelleiro de Medio Ambiente, informa que a súa delegación volverá realizar a recollida de plásticos agrícolas neste mes de maio.

Trátase da sétima recollida deste tipo que se vai efectuar en Monforte e que se produce de xeito continuado dende o seu inicio en xaneiro do ano 2008. As datas elixidas para efectuar a recollida coinciden coas épocas nas que os gandeiros e labregos necesitan desfacerse dun gran volume de plásticos, procedentes básicamente do ensilado de herba.

Este servizo de recollida de plásticos agrícolas, realizado en colaboración coa consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, non terá ningún tipo de custo para os labregos e, pola contra, contribuirá de xeito importante á conservación do medio natural.

A recollida realizarase en tódalas parroquias que xeran plásticos e, dende alí, trasladaranse ata o punto limpo municipal onde posteriormente se fará cargo deles a empresa GESECO.

A recollida de plásticos agrícolas efectuarase o luns día 27 de maio, dende primeira hora da mañá e ó largo de toda a xornada, nos lugares que a continuación se especifican e que son os mesmos nos que se realizou a anterior recollida:

Marcelle (campo da festa); Gullade, Nocedas e A Penela (local social das Nocedas); Vilamarín (campo da festa); Santa Mariña e Caneda (Campo da Pousa); Bascós e Sindrán (local social de Bascós); Reigada e Fontes de Reigada (Praza Mourelo); Piñeira(no Listo); A Parte e Valverde (campo da festa de Proveiros);  Chao do Fabeiro (campo da festa); Moreda, San Xoan, San Xulián e Seoane (local social de San Xoan de Tor); Fiolleda (estrada a Currelos); Baamorto (campo de fútbol).

O plástico deberá depositarse dobrado e atado, para facilitar o seu manexo e evitar a súa dispersión, o día anterior ó da recollida (domingo día 26 de maio), nos lugares antes sinalados.

Os pedáneos das diferentes parroquias son coñecedores desta recollida de plásticos agrícolas e dos lugares e a data na que se vai realizar, resultando fundamental a súa colaboración para lograr unha gran efectividade. Ademais, colocáronse carteis informando da recollida de plásticos nas igrexas e locais sociais de cada unha da parroquias.

Dende a concellería de Medio Ambiente anímase ós veciños a participar na recollida e a achegar os plásticos agrícolas ós lugares antes indicados que lle queden máis próximos. Así mesmo, Antonino Luaces lémbralle ós labregos e gandeiros que, á marxe da recollida de plásticos que se poida realizar en momentos puntuais ó longo do ano, este tipo de residuos poden ser depositados os luns, mércores e venres, en horario de mañá e tarde, no Punto Limpo instalado na zona das Lamas.

A recollida de plásticos agrícolas iniciouse no mes de xaneiro do ano 2008, data na que se recolleu unha gran cantidade debido a que os labregos e gandeiros tiñan moito plástico acumulado. No mes de maio dese mesmo ano volveu realizarse outra recollida que tamén tivo unha gran resposta. En anos sucesivos foi diminuíndo a cantidade de plástico recollido, debido en parte a una maior utilización do Punto Limpo para depositalos.

24 de maio de 2013 | 10:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.