O Jofre de Ferrol acolle o espectáculo de monicreques “os músicos de Brenes”, baseado na fábula dos irmáns Grimm
A compañía teatral Buho & Maravillas presenta o sábado 25 o espectáculo de monicreques e flamenco “Os músicos de Brenes” no Teatro Jofre. A historia baseada no popular conto dos irmáns Grimm dará comezo ás 20:00 horas e enmarcase dentro da programación cultural do Concello de Ferrol.
A historia mostra como diferentes animais, logo dunha existencia plena, feliz e de traballo, vense abandonados cando chegan á vellez porque deixan de ser “útiles”. Estes personaxes vense forzados a abandonar os seus lugares de orixe e emprenden unha nova vida; o azar úneos, e xuntos farán que as súas vidas cobren novamente sentido. Os valores que transmite esta fábula son a importancia dos maiores na sociedade e o valor da intelixencia como forza sublime para o desenvolvemento e o crecemento como persoas e sociedade. Ademais, o espectáculo contará coa música en directo do guitarrista Ruben Silva, o cantaor Juan Murube, a cantaora Carmela “La Chocolate” e a bailaora Juana Larreta.
As entradas pódense adquirir a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal.











