publicidade hoxe

O Jofre de Ferrol acolle a actuación de tres grandes líricos na celebración nos II premios “Voces do ano”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, presentou hoxe a segunda edición dos Premios “Voces do Ano” e a Gala de Amigos da Lírica que se celebrará mañá venres ás 20:30 horas no Teatro Jofre. O edil estivo acompañado polo tenor Joel Prieto, a soprano Pilar Jurado, o barítono Santos Ariño e o representante da Asociación Amigos da Lírica de Ferrol, Antonio Ruibal.

O responsable da área de Cultura agradeceu a organización da asociación coa que o Concello de Ferrol colabora. “A música lírica non é moi habitual na programación cultural do teatro municipal pero cando inauguremos o futuro auditorio estará máis presente” dixo o edil. Os premios serán entregados a Pilar Jurado como mellor voz feminina, Joel Prieto á mellor voz masculina tenor e o galardón á traxectoria profesional será recollido polo barítono Santos Ariño. “Estou emocionada por recoller este premio nunha cidade de gran tradición cultural como é Ferrol” sinalou a soprano.

O programa conta con dúas partes, a primeira recolle grandes obras operísticas como Don Giovanni de Mozart ou Norma de Bellini mentres que a segunda está adicada á zarzuela con composicións musicais como Fausto de Gounod e La Dolorosa de Serrano.  “Haberá moitas sorpresas” engadiu Pilar Jurado. Este concerto único, fará que o público asistente goce das tres grandes voces premiadas acompañadas pola prestixiosa pianista Ilona Timchenko.

23 de maio de 2013 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.