publicidade hoxe

O Independiente de Carballo festexa na Casa do Concello coa recepción do trofeo a vitoria en 3ª Autonómica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoDeportesLocal
A-
A+
Celebración do Independiente

Celebración do Independiente

O Club Independiente de Carballo CF vén de recibir na Alcaldía da Casa do Concello o trofeo que acredita aos xogadores como vencedores do Grupo Cuarto da 3ª Autonómica da Costa, levantando o seu primeiro título como equipo federado despois de tan só tres anos na 3ª da Costa e tras sete anos de traxectoria no fútbol de peñas. O próximo ano xogarán na 2ª Autonómica xunto a outros equipos carballeses como o SD Sofán ou o SD San Lorenzo. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero recibiu aos xogadores do equipo acompañado do xerente do Padroado Deportivo Municipal, Francisco García Bello, do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e do Concelleiro de Mocidade, Daniel Pérez. Ferrero manifestou a súa satisfacción por ver “como un equipo que comezou na Liga de Peñas con tanto esforzo acadou este éxito”. Así mesmo, subliñou a función dos xogadores como “embaixadores de Carballo” polos campos nos que xogan e tamén desexou “que non sexa a última vez que visitades esta Alcaldía”, o que significará que conseguen novos éxitos no futuro. O acto tamén serviu para que o club recibira de mans da Federación Galega de Fútbol o trofeo que os acredita como campións.

31 de maio de 2013 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.