publicidade hoxe

O IES Saturnino Montojo de Ferrol gañador da final galega do II Club de Debate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+
Intervención do grupo ferolán no debate

Intervención do grupo ferolán no debate

O equipo do IES Saturnino Montojo de Ferrol proclamouse gañador, xunto co grupo do CPI Dices-Rois, da final galega da segunda edición do Club de Debate, que tivo lugar o pasado sábado no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Nesta fase final seis equipos de diferentes comarcas de Galicia e o debate final entre os estudantes do IES Saturnino Montojo e os do CPI Dices-Rois foi tan igualado que levou ao xurado a nomear a ámbolos dous gañadores do certame.

En xeral, a xornada de debates foi de elevado nivel por parte de todos os participantes, tanto en contidos como pola calidade lingüística. Así, no debate final no que se enfrontaron os dous mellores equipos, o ferrolán defendeu a postura a favor do tema “O galego é unha oportunidade”, contra o de Rois. Así, mesmo, ao proclamarse os dous gañadores, o equipo de Ferrol propuxo ao de Rois compartir o premio conxunto cos participantes de Pontevedra, que quedaron en terceiro posto. Así, os tres finalistas da competición galega do Club de Debate gozarán dunha viaxe de tres días para 25 persoas con actividades e contidos axeitados ao programa. Compre lembrar que a finalidade da iniciativa é fomentar o uso do galego oral entre a mocidade e así activar o uso oral do idioma en contextos formais e informais.

Un equipo exemplar

Ademais, os membros do IES Saturnino Montojo, máis alá de ser gañadores e da súa extraordinaria calidade de oratoria e excelente traballo de equipo, destacaron polo seu comportamento, compañeirismo e solidariedade. Así, Ferrol e comarca poden estar orgullosos de ser representados por este grupo de mozos e mozas de 4º de ESO composto por: Lucía Amado González, Irene Arto Escuredo, Mateo Buján Varela, Sandra Díaz Seoane, Darío García Rodríguez, Laura Lage Fojo, Isabel López Frieiro, María Prieto Solano e Nerea Teijeiro López. A preparada deste equipo é Carme Fernández Miranda.

6 de maio de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.