publicidade hoxe

O I Concurso de Picto-relatos Lalín 2013 péchase con nove traballos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal
A-
A+
Traballos presentados

Traballos presentados

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (Omix) adscrita á Concellería de Deportes e Xuventude, e o Espazo Xove de Lalín, recolleron un total de 9 propostas de participantes na primeira edición do Concurso de Picto-relatos, que se organiza con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Mediante este Certame preténdese promover o achegamento á produción escrita e á ilustración dos mozos e mozas, ofrecéndolles a oportunidade de gozar mediante a creación e a súa creatividade.

A categoría na que se presentaron máis obras foi a que comprende aos mozos e mozas de 21 a 35 anos de idade (C), cun total de sete picto-relatos, na categoría B (16-20 anos) e na A (12-15 anos), presentáronse cadansúa proposta.

Os Picto-relatos serán xulgados por profesores de Literatura Galega e Artes Plásticas pertencentes aos IES de Lalín, así como un técnico/a municipal de Cultura, exercendo de secretarias as responsables de Xuventude da Omix e o Espazo Xove. O xurado reunirase ao longo dos próximos días e o fallo do mesmo farase público o martes 14 de maio ás 18 horas, na sala de exposicións do Espazo Xove de Lalín, onde poderán verse todos os traballos e se fará a entrega de premios.

Un Picto-relato é unha breve historia acompañada dunha ilustración na mesma páxina. Todas as obras presentadas serán expostas ata o 31 de maio de 2013, no Espazo Xove de Lalín. Entre as obras presentadas atopamos títulos como: “O meu pobo”, “O novo habitante”, “A porteira”, “O soño de Xoaquín”, “Valentín vale por mil”, “Como fuxe o tempo”, “Cocidiño de Lalín”, “Os contos contos son” e “Os amoríos de Don Santiago Pimentel”.

PREMIOS

Os gañadores recibirán na categoría A: 1º premio fin de semana de aventura (2 persoas) e 2º premio, unha tablet; na categoría B, 1º premio unha fin de semana de aventura (2 persoas) e 2º premio, unha tablet; e na terceira C, 1º premio, fin de semana de aventura (2 persoas)e 2º premio, unha tablet. Os premios poderán ser declarados desertos se, a criterio do xurado, ningunha obra contara cos méritos mínimos. Así mesmo, o xurado estará facultado para resolver calquera cuestión da súa competencia que se suscite.

7 de maio de 2013 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.