publicidade hoxe

O I Mercado de Oportunidades do Verán estréase con case unha vintena de postos e repartindo 500 euros en vales desconto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal
A-
A+
Visitantes ao mercado

Visitantes ao Mercado de Oportunidades de Verán (MOVE)

O I Mercado de Oportunidades de Verán (MOVE), posto en marcha pola Concellería de Promoción Industrial e o Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC) e a Asociación de Empresarios e Comerciantes, rubricou hoxe unha estrea inmellorable e é que, dende primeira hora da mañá, os 16 postos doutros tantos comercios do municipio recibiron múltiples visitas de veciños e curiosos que non foron capaces de resistirse aos bos prezos e artigos de gran calidade que ofrecían os comerciantes que tomaron parte nesta cita.

A iniciativa, que partía das propias propostas dos comerciantes ponteses, foi respaldada dende a concellería que dirixe Montserrat García e ven de complementar o MOVA (Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes) que se desenvolve cada outono, tamén na Avenida da Coruña, co fin de dar saída a produtos doutras tempadas que aínda se atopan nas tendas pontesas.

De feito, a edil Montserrat García daba conta da súa satisfacción ante a gran afluencia de veciños que se animaron a realizar as súas compras nos postos que formaron parte deste mercado de verán e que incluiu dende tendas de roupa, calzado ou deportes ata stands de decoración, libraría ou xoiería. Todos eles con prezos do máis atractivos e artigos dunha gran calidade.

Neste senso a concelleira apuntou que tanto o MOVE coma o MOVA buscan impulsar e axudar ao desenvolvemento do comercio local e, neste caso, coincidindo coa XIII Festa do Camioneiro, aproveitábase a ocasión para que estes dous sectores se apoiasen mutuamente.

Asemade, o propio alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, recalcou que esta aposta pola promoción do comercio e da hostalería de As Pontes nestas datas é un principio dunha cita que pode chegar a consolidarse. Así, o primeiro edil facía referencia ao éxito do Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes de outono que xa cumpriu cinco anos o pasado novembro e que é toda unha referencia no que a oulets da comarca se refire.

Pero ao igual que aconte cada outono co MOVA, o MOVE tamén repartiu premios entre aqueles clientes que se animaron a realizar as súas compras nestas 16 tendas. Neste caso en forma de cheques agasallo, por un valor total de 500 euros e que se repartiron en un cheque de 100 euros e outros oito de  50euros. Outros tantos clientes foron os afortunados nos dous sorteos que se celebraron durante a mañá e a tarde nas propias inmediacións do MOVE, e é que un dos requisitos era estar presente no momento do sorteo para recibir o correspondente e cheque e se poderá canxear durante os vindeiros 15 días en calquera das 16 tendas que integraron este primeiro MOVE.

13 de maio de 2013 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.