O grupo de teatro Valacar representa a obra “O médico á forza” no centro cívico de Caranza en Ferrol
A programación de maio do ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena”, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, continúa o domingo 19 coa actuación do grupo teatral Valacar que porá en escena a obra “O médico á forza” no Centro Cívico de Caranza. A función da primeira compañía de teatro de cegos da nosa terra dará comezo ás 19 horas e será gratuíta.
A obra relata a historia de Martina, esposa de Sganarelle, que cansada dos malos tratos aos que se ve sometida por este, idea unha estrataxema que ao mesmo tempo que permita a súa vinganza, modifique os malos hábitos de Sganerelle como son a vagancia, as borracheiras…
Na actualidade, Valacar é un dos grupos artísticos da Asociación Cultural de Cegos e Deficientes Visuais de A Coruña, inda que está integramente patrocinado pola ONCE -Organización Nacional de Cegos de España-.











