publicidade hoxe

O grupo de teatro ASCM representa en Ferrol a comedia “Con premeditación e aleivosía”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A programación de maio do ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, comeza este domingo día 5 coa actuación do grupo teatral da Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM), que porá en escena a obra “Con premeditación e aleivosía” no Centro Cívico de Caranza. A función dará comezo ás 19:00 horas e será gratuíta.

O argumento desta peza xira arredor dos problemas cotiáns da convivencia entre persoas do mesmo entorno e as súas desavinzas produto da falta de comunicación e entendemento. A posta en escena da celebración dun xuízo como consecuencia da denuncia entre dúas veciñas é o eixo central. A obra está estruturada en dúas partes diferenciadas: a primeira que consiste na representación teatral propiamente dita e a outra onde se leva a cabo un “coloquio” co fin de facer partícipe ao público presente.

O obxectivo que persegue esta comedia é amosar a valía das persoas con discapacidade e transmitir unha mensaxe social moi importante de concienciación e sensibilización, tendo o respecto e a solidariedade como valores fundamentais. Todo isto, conseguido polos actores e actrices a través da interacción co espectador gracias ao intercambio de opinións. O grupo de Teatro da ASCM leva actuando dende o 2007 en máis de trinta entidades, centros de maiores, colexios e asociacións de Ferrol e comarca.

2 de maio de 2013 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.