O grupo de Street Dance da Escola Municipal de Danza actuará este domingo na praza Ana Kiro de Mera
O grupo de alumnos de Street Dance da Escola Municipal de Danza, un total de 20 rapaces e rapazas, realizarán este domingo ás 13:00 horas unha actuación na praza de Ana Kiro, en Mera. O espectáculo terá unha duración aproximada de 45 minutos, onde actuarán os distintos
niveis por separado, en total son tres cursos, rematando cunha actuación conxunta. O obxectivo da actuación é sacar ás rúas de Oleiros o traballo que está a realizar o alumnado desta disciplina, que tal como indica o seu nome, son danzas de rúa que teñen que ser interpretadas nas distintas rúas e prazas do noso Concello.