O Goberno local logra que a Consellería abra a Casa do Mar de Mera como centro social para maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOleiros
A-
A+

O Goberno local de Oleiros conseguiu que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia comprométase a abrir as instalacións da planta alta da Casa do Mar de Mera como centro social para uso dos maiores da zona norte de municipio. O anuncio produciuse esta mañá
tras un encontro entre o alcalde de Oleiros, Angel García Seoane e a Conselleira de Benestar, Beatriz Mato.

A planta alta da Casa do Mar de Mera funcionou históricamente como centro social ata que en xuño de 2011 o Goberno autonómico decidiu pechar estas instalacións para levar a cabo unha reforma e converter o local nun centro de día cun investimento superior aos 210.000 euros. Case dous anos despois o complexo reformado permanece pechado e sen uso por falta de demanda de prazas para este tipo de servizo. Ante a falta de actividade do centro de día proxectado, o Goberno local levaba meses solicitando á Consellería que as instalacións recuperasen o seu antigo uso e dedicásese a cubrir a forte demanda de uso como local social para as parroquias de Maianca, Serantes e Dexo. Finalmente a Xunta accedeu á solicitude do Concello.

Durante a comparecencia de hoxe, tanto o alcalde como a conselleira, destacaron o entendemento e o consenso existente entre ambas
administracións. Non só respecto de este asunto, senón tamén a coincidencia de pareceres no peche do centro de día de Arenaza e o traslado dos seus usuarios e usuarias ao novo centro de día das Galeras. Peche que se producirá antes de terminar o ano, segundo constatou a propia Beatriz Mato.

16 de maio de 2013 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.