publicidade hoxe

O Goberno local formará preto de 500 alumnos durante o próximo semestre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A área de Emprego e Empresa, que dirixe Luisa Cid, abriu o prazo de inscrición para os cursos de formación que se realizarán no segundo semestre do ano e no que se impartirán máis de 3.000 horas de formación e poderán participar preto de 500 alumnos.

Os requisitos xerais para poder solicitar o curso son residir no termo municipal da Coruña e ter tarxeta de desemprego ou mellora de emprego. A selección realizarase mediante probas de acceso e entrevista persoal. A todas as persoas que se presenten ás devanditas probas se lles aplicará un baremo que contempla, entre outros datos, idade, tempo de desemprego e experiencia laboral. Todos estes extremos valoraranse logo de presentación acreditativa da documentación correspondente. En canto aos cursos que se ofertarán o próximo semestre serán os seguintes:

. Comunity Manager.
. Desenvolvemento de webs e apps con PhoneGap.
. Auto CAD 2 D. Versión 2012.
. Auto CAD 3 D. Versión 2012.
. Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas.
. Eficiencia enerxética.
. Encargado de obra de edificación.
. Prevención de riscos laborais (4 cursos).
. Posicionamento curricular nas Redes Sociais.
. Word avanzado. Xestión de Equipos.
. Excel Básico.
. Excel avanzado. Táboas Dinámicas.
. Creación de tendas virtuais. Comercio electrónico.
. Deseño gráfico e xestión de imaxes (Picasa, Photoshop…).
. Word medio.
. Xestión de proxectos. Programa Proyect.
. Prevención de riscos laborais.
. Instalación de portas e ventás en galerías de aluminio.
. Excel medio. Formulación.

A tramitación das solicitudes pode realizarse ata o 5 de xuño no Rexistro Municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora e Centro Cívico de Mesoiro. En canto as probas de selección, se realizarán entre o 17 de xuño e o 2 de agosto. A lista de admitidos poderase consultar a través da web www.coruna.es/empleo e darase a coñecer o 28 de xuño para cursos que se inician en xullo e o 22 de agosto para o resto de cursos. Tamén se poderán coñecer a través do 010 no teléfono 981 184 399, no Centro Municipal de Emprego Dos rosales e o Centro Municipal de Emprego do Parque de Bombeiros

No que vai de ano e ata o 30 de abril, o Centro Municipal de Emprego de Os Rosales impartiu 60 cursos, polos que pasaron preto de 800 alumnos e nos que se impartiu 2.500 horas de formación.

29 de maio de 2013 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.