O goberno de Culleredo renova o enlace entre as parroquias de Sésamo e Sueiro polos Condes
O goberno de Culleredo, a través da Concellaría de Medio Ambiente, Obras e Servizos que dirixe Narciso Marzoa, continúa co seu plan de actuacións para mellorar as infraestruturas básicas do municipio. Actualmente, o Concello leva a cabo obras no enlace entre as parroquias de Sésamo e Sueiro Polos condes.
O proxecto consiste tanto na dotación do servizo de saneamento coma na renovación do firme da estrada, dúas necesidades que presentaba o núcleo e que polo tanto o goberno de Culleredo apostou por aplacar.
A nova rede de sumidoiros Dos condes confórmase dun conduto de 255 metros de lonxitude. Se construíron ademais 7 pozos de rexistro, de formigón prefabricado.
En canto á calzada, o Concello pavimentaraa e limpará as cunetas nos 275 metros de vía. Unha vez realizadas estas tarefas pintarase a debida sinalización horizontal.
O proxecto total ten un presuposto de 27.000 euros e está financiado pola Deputación da Coruña a través do seu plan de obras e servizos.