publicidade hoxe

O Fórum Metropolitano acolle unha charla da Embaixada de Canadá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello da Coruña, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), celebra o 28 de maio, a partir das 17.00 horas, unha charla no Fórum Metropolitano para informar sobre a iniciativa Experiencia Internacional Canadá para mozos, impartida pola Embaixada canadense.

Esta sesión informativa nace do acordo de mobilidade de mozos asinado entre os gobernos de España e Canadá, unha ferramenta legal para que 1.000 mozos españois, de entre 18 e 35 anos, poidan gozar dunha experiencia laboral e cultural en Canadá durante un ano.

A charla organizada pola Embaixada de Canadá en colaboración co Concello da Coruña pretende informar sobre este programa, que goza de grande éxito entre os mozos españois, e que se divide en tres categorías principais: Traballo en Vacacións, Prácticas e Mozos Profesionais. Na páxina web www.canadaenespana.com se puiden obter información máis detallada.

A entrada será gratuíta ata completar o aforamento e os interesados en asistir á charla poderán inscribirse ata o próximo 27 de maio na páxina web www.coruna.es/nex, no Centro Municipal de Información Xuvenil, ou a través do número de teléfono 981 18 42 94.

17 de maio de 2013 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.