publicidade hoxe

O exitoso musical “O Rei León”, da Escola de Música Coda, chega este venres a Catoira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCatoiraLocal
A-
A+
Instante da representación

Instante da representación

A escola de música Coda representa este venres, 10 de maio, no Edificio Felipe Aragunde de Catoira, o musical “O Rei León”. A función comezará ás 21:30 horas e a entrada é gratuíta.

A organización prevé completar o aforo de 300 persoas cun gran espectáculo codirixido pola catoirense María Jesús Ferreira, e no que tamén participa o concelleiro Carlos Castaño, interpretando ó paxaro Zazú, man dereita do rei Mufasa.

Na preparación e desenvolvemento do musical involúcranse máis de 50 persoas, entre cantantes, actores, músicos e persoal de vestiario, maquillaxe e escenografía. Trátase dun espectáculo de unha hora e media de duración, con música en vivo, que evoca a natureza, as paisaxes, a música e a cultura africanas a través dun colorido vestiario e dunha esmerada posta en escena.

7 de maio de 2013 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.