publicidade hoxe

O éxito de público e participantes garante unha segunda edición do Trofeo de Karate Vila de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalNeda
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

Éxito de público e participantes, con máis de 150 deportistas sobre o tatami, na primeira edición do Trofeo de Karate Real Vila de Neda, competición promovida polo Concello en colaboración co Club Renbu-Kan. Un éxito que levou esta mañá aos organizadores a garantir a súa continuidade nunha segunda edición. Case todos os clubes partici-pantes acadaron algunha primeira posición no podio, aínda que o dominio en kata foi do clube Shihan de Lugo, que logrou vencer en todas as categorías. Unha das súas alumnas tamén gañou na categoría feminina de kumite, disciplina na que nos cadros masculinos venceron de-portistas do clube anfitrión, o Renbu-kan e o ESK Narón.

A competición daba comezo no pavillón polideportivo ás 10 horas, con kata por equipos, seguido por kumite individual de 12 a 13,30 horas e remataba cunha demostración e a entrega de trofeos, que presidiu o alcalde da localidade, Ignacio Cabezón Lorenzo.

Participaron máis de 150 deportistas de entre catro e 13 anos procedentes de clubes de dentro e fóra da comarca. Entre estes, o propio Renbu-kan Ferrol, a ESK de Narón, EK Franza, Shihan de Lugo, Grupo Bazán de Ferrol, Artes Marciales Fene, Santiago Apóstol e Club de Karate Ortigueira.

O obxetivo do torneo, como así foi, era lograr que fose un campionato no que os deportistas participasen para gañar experiencia e poder probar sorte con compañeiros diferentes aos do entrenamento diario, restándolle importancia a gañar ou perder combates.

7 de maio de 2013 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.