O equipo prebenxamín B do CH Compostela proclámase campión da 2ª división da Liga Autonómica de Hóckey a Patíns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalOroso
A-
A+
O CH Compostela cos trofeos de gañadores

O CH Compostela cos trofeos de gañadores

O equipo prebenxamín B do CH Compostela, formado por 9 nenos de Oroso, proclamouse campión da Segunda División da Liga Autonómica de hóckey a patíns. O equipo formado por Adrián, Álex, Anxo, César, Iván, Joel, Julián, Rubén e Xurxo, de idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos, foi agasallado polo Concello de Oroso.

Os concelleiros de Deportes, Luís Rey; e de Vías e Obras, Eduardo Veiras, entregáronlle a cada pequeno un trofeo conmemorativo, unha camiseta e unhas chuches, cedidas polos pais dos pequenos. O hóckey a patíns é unha actividade que o Concello de Oroso oferta ás familias orosáns dentro das actividades deportivas anuais para nenos e celébrase grazas a un acordo de colaboración asinado co CH Compostela en outubro de 2010.

21 de maio de 2013 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.