O Edificio Multiusos de Monforte acolle este sábado o “Festival das Letras Galegas”

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Calendario ► Local ► Monforte de Lemos ▼
A-
A+

O sábado 18 de maio ás cinco e media da tarde terá lugar no Edificio Multiusos de Monforte o “Festival das Letras Galegas”, unha actividade xa tradicional programada dende a delegación de Cultura do Concello con motivo das Letras Galegas 2013.

O “Festival das Letras” contará coas actuacións musicais de diversas agrupacións monfortinas de cante e baile tradicional.

A actividade, encadrada no Programa Cultural do Concello, segue a estela doutras iniciativas que xa se realizaron con anterioridade ou que aínda se atopan en cartel, tales coma: os certames de narración e debuxo infantil, o “Correlingua 2013”, o teatro infantil e familiar, a exposición “17 Escritores Galegos” ou o espectáculo poético-musical a cargo de Xoán Eiriz.

 O programa deseñado para o festival é o seguinte:

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2013

18 de maio ás 17:30 h  Edificio Multiusos

GRUPO DE GAITAS DO CONCELLO DE MONFORTE

 – Saúdo de percusión

– Muiñeira Alfonsina (Canuto Berea)

– Pasodobre tradicional

  GRUPO INFANTIL DE CANTAREIRAS E PANDEIRETEIRAS DO CONCELLO DE MONFORTE

 – Enredadera (tradicional – Malvelas)

– Primavera Musical (música e letra: Emilio Estévez e María Mercedes Sánchez)

 GRUPO DE PANDEIRETEIRAS DO CONCELLO DE MONFORTE E CANTORES DO CAUREL

 – Os Cesteiros (tradicional, arranxos: Emilio Estévez)

– Pandeirada A Caurelana (música e letra: Emilio Estévez e Tesín)

– Val Mariñeiro (tradicional)

– Pasodobre dos Catro Puntos (música e letra: Emilio Estévez e María Mercedes)

– Habanera Casiñas Brancas (música e letra: Xosé Lois Blanco)

 GRUPO BAILE TRADICIONAL DO CONCELLO DE MONFORTE

 – Muiñeira do Molete (tradicional)

– Muiñeira do Baile (tradicional)

– Jota de Soutelo (repertorio Gaiteiros de Soutelo)

– Muiñeira do Orballo (repertorio Cruceiros de Vigo)

– Muiñeira dos Vellos (tradicional)

– Muiñeira Camiño da Fonte dos Ramos (de Emilio Estévez)

– Muiñeira do Areal (dos Areeiras de Catoira)

– Ribeirana (tradicional)

– Muiñeira da Camposa (de Nazario González Iglesias – O Moxenas)

15 de maio de 2013 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.