publicidade hoxe

O día 30 de maio coñeceranse os/as mellores deportistas e clubs monfortinos do ano 2012

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalMonforte de Lemos
A-
A+

O concello de Monforte organizará o xoves día 30 de maio ás 20:00 h. na Casa da Cultura, un acto público no que se levará a cabo a entrega dos premios ós/ás deportistas e clubs máis destacados do ano 2012.

O xurado mantivo dúas reunións co obxecto de valorar os méritos dos atletas e clubs participantes en cada categoría. O resultado das súas decisións darase a  coñecer o día 30 de maio no acto de entrega de premios que se desenvolverá na Casa da Cultura de Monforte.

As candidaturas propostas para as diferentes categorías foron as seguintes:

MELLOR DEPORTISTA MASCULINO DO ANO 2012:

CANDIDATURAS PRESENTADAS:
Iago García Vázquez (Taekwondo)
Pablo Valcarce Domínguez (Natación)
Marcos González Díaz (Piragüismo)
Raúl Pérez Prieto (Pesca)
Manuel Hernández González (Golf)

CANDIDATURAS PROPOSTAS POLO XURADO:
José Ángel Pérez Reñones (Golf)
Andrés Saco (Piragüismo)
Diego Vázquez (Piragüismo)

MELLOR DEPORTISTA FEMININA DO ANO 2012:

CANDIDATURAS PRESENTADAS:
Saleta Fernández López (Atletismo)
Noelia Sánchez Iglesias (Voleibol)
Uxía García Rodríguez (Natación)

CANDIDATURAS PROPOSTAS POLO XURADO:
Sara Vázquez Fagín (Piragüismo)

CLUB MÁIS DESTACADO POLO SEU LABOR NA PROMOCIÓN DO DEPORTE NO ANO 2012:

CANDIDATURAS PRESENTADAS:
Club Taekwondo Neka Monforte
C.P. Calasancio
Club Natación Monforte

CANDIDATURAS PROPOSTAS POLO XURADO:
A.D. A Gándara

XESTO DEPORTIVO MÁIS DESTACADO NO ANO 2012:

CANDIDATURAS PRESENTADAS:
Alejandro Díaz Pérez e Gerardo Martínez de Castro (Campaña solidaria “Compra un Quilómetro para Uxía”)
Juan Rodríguez Rodríguez (Labor directiva e de xestión a prol do Fútbol Monfortino como directivo do C.P. Calasancio e membro da Federación Galega de Fútbol)

23 de maio de 2013 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.