O Coro de Oleiros celebra o seu XVIII aniversario
Este sábado 4 de maio ás 20.30 horas, o Coro de Oleiros celebra o seu XVIII Concerto Aniversario. A actuación terá lugar no
salón de actos da Igrexa Parroquial de Santa María de Oleiros e contará coa participación da Coral Polifónica Padronesa, a Coral Polifónica do Casino de Carballiño e o Coro de Oleiros. O domingo 5 de maio ás 12.30 horas haberá unha misa cantada tamén na Igrexa Parroquial de Santa María de Oleiros.
Trátase dunha actividade organizada polo Coro de Oleiros e que conta coa participación do Concello de Oleiros.