publicidade hoxe

O consorcio estrea un congreso de Natureza con actividades nos 9 Concellos durante as próximas semanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoLocal
A-
A+
Presentación do congreso

Presentación do congreso

O Consorcio As Mariñas estrea actividade de concienciación ambiental nos 9 municipios que o conforman. O III Congreso de Natureza e Imaxe, que organiza o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia co Consorcio, contempla accións durante os meses de maio e xuño que culminarán co congreso en si no Castelo de Santa Cruz.

A iniciativa ofertará actividades como exposicións, talleres de fotografía, conferencias ou proxeccións audiovisuais. Comezarán mañá, sábado 4, co curso de iniciación á fotografía da natureza que terá lugar en Oleiros, aínda que Sada e Bergondo xa acollen senllas exposicións de fotografía ambiental.

O 9 de xuño concluirán os actos co congreso, que se celebrará no castelo de Santa Cruz. Ofrecerá un programa con relatorios, proxeccións e máster class, comezando ás 13.30 horas e finalizando sobre as 20.00 horas. Contará con expertos en fotografía que
explicarán algunhas das súas técnicas.

O presidente do Consorcio, José Antonio Santiso, presentou o Congreso, acompañado do director do CEIDA, Carlos Vales, o fotógrafo Fran Nieto, o vicepresidente do Consorcio, Alejandra Pérez, e diversos concelleiros dos Concellos da bisbarra. Santiso considera que a realización do Congreso axudará a poñer en valor os recursos naturais do área metropolitana, como antesala da posible obtención da denominación de reserva mundial da biosfera.

Santiso cualificou de “decisivo” o papel do CEIDA para propugnar o respecto ao medio na bisbarra. De cara á reserva, que incluirá aos 18 municipios do GDR Mariñas – Betanzos, o presidente adiantou que o CEIDA formará parte do órgano de dirección.

Carlos Vales agradeceu a “predisposición total” do Consorcio para impulsar este congreso, que continúa, apuntou, a tradición de ilustradores da natureza da bisbarra. Nas dúas edicións anteriores, o congreso desenvolveu actividades nalgún dos concellos, pero
esta é a primeira vez que se leva a cabo de forma global nos 9 do Consorcio.

Finalmente, o fotógrafo Fran Nieto resaltou que é na idade de 10 a 14 anos cando se debe instaurar nos nenos os valores de concienciación ambiental. Destacou tamén o interese que existe nas actividades de observación e toma de fotografías da natureza.

3 de maio de 2013 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.