publicidade hoxe

O consorcio e Adicae celebran un foro hipotecario para analizar a reforma da lei e as súas consecuencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoLocal
A-
A+

O Consorcio As Mariñas, a través do Plan Coordinador de Servizos Sociais, acordou de forma unánime, nunha reunión das concelleiras de servizos sociais dos nove concellos, crear un dispositivo propio dende o Consorcio que de resposta á grave situación na que se atopan moitos dos veciños que perden ás súas vivendas pola imposibilidade de facer fronte aos alugueiros ou ás hipotecas.

Con este obxectivo, o ente supramunicipal xunto con ADICAE organizan mañá mércores, día 15 de maio, ás 20.00 horas, nas Torres de Santa Cruz en Oleiros, unha mesa redonda sobre esta problemática.

Na mesa analizarase a nova lei nesta materia e se presentará publicamente o servizo creado dende o Consorcio As Mariñas, analizando tamén o que poden ofrecer os concellos desde os servizos sociais.

14 de maio de 2013 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.