publicidade hoxe

O concurso Musicaula chega o sábado a As Pontes coa participación de cinco grupos musicais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesCalendarioLocal
A-
A+

As Pontes acollerá este sábado unha das semifinais do certame musical Musicaula, organizado por DP Music Entertainment co fin de dar unha oportunidade a todos eses grupos musicais escolares que se atopan por todo o país.

O certame xa viviu as súas primeiras semifinais, celebradas as pasadas semanas  en Valencia e Teruel, e agora chega a As Pontes con cinco grupos preseleccionados que chegan de institutos de Vigo, Cee, Burgos, Xixón e Santiago de Compostela.

Esta semifinal conta co respaldo do Concello de As Pontes, a través do departamento municipal de Xuventude, e terá como escenario o patio do colexio Santa María.

Por alí pasarán os grupos Persé (Santiago de Compostela ), Ranas Blancas (Xixón), Distance (Cee), Crabmen (Burgos) e Electros (Vigo) para gañarse o respaldo do público e alcanzar a fase final deste certame musical.

Asemade, estes artistas noveis contarán coa compaña dun grupo xa ben coñecido como é La Sonrisa de Julia que tamén actuarán como broche de ouro a esta cita.

No tocante aos horarios, ás 18.00 horas abriranse as portas do recinto escolar e xa ás 19.00 horas terán lugar as diferentes actuacións para rematar ás 22.15 horas. A entrada será totalmente gratuíta.

15 de maio de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.