publicidade hoxe

O Concello suma oito novos traballadores ao equipo municipal de asfaltado de viais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVigo
A-
A+

En declaracións ante os medios, Abel Caballero informou este martes da contratación de oito persoas para traballar na mellora do asfaltado dos viais da cidade, que hoxe están traballando en Valladares e no Zondal. En total, son 15 os profesionais dos que dispón o Concello para desenvolver esta tarefa.

Os novo oito traballadores contratados polo Concello de Vigo súmanse aos sete cos que xa contaba e conforman actualmente un equipo de quince profesionais. Durante esta xornada traballan en Valladares e no Zondal, despois de ter pasado “nos últimos días” por Lavadores e Coruxo, entre outras zonas da cidade. En próximas datas “seguiremos realizando asfaltados por toda a cidade”, asegurou Caballero, “se o sol o permite”.

14 de maio de 2013 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.