O Concello revisará a explotación do Servizo Municipal de Augas para incorporar as novas instalacións e infraestruras da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa xuntanza desta mañá, a contratación dun estudo económico financieiro da concesión da explotación do Servizo Municipal de Augas, cun orzamento de 21.538 euros, a IDOM inxeniería e consultoría SA, empresa que presentou a oferta económica e técnica máis ventaxosa, segundo os informes técnicos municipais.

Dada a complexidade da avaliación do servizo púxose en marcha un procedemento negociado, coa solicitude de presentación de 3 ofertas económicas, sendo a máis ventaxosa a presentada pola empresa de enxeñería e consultoría, IDOM.

O obxeto do contrato é a realización dun estudo económico financieiro da concesión do servizo municipal de augas, co fin de coñecer os custes reais do servizo prestado na actualidade, así como do incremento previsto derivado da incorporación de novas instalacións na cidade de Ourense.

O incremento nas infraestruras do servizo de saneamento municipal levará aparellado un incremento do custe do servizo, sendo necesario elaborar un análise económico, que foi solicitado, mediante providencia da Concellería de Infraestruturas en maio de 2012, na que se puña de manifesto a necesidade de avaliar a concesión, e elaborar un informe no que se incorporase a ampliación da rede de abastecemento e saneamento e a incorporación da nova depuradora, obras que teñen un horizonte de finalización de 2 a 3 anos.

Servizo Municipal de Augas

O Servizo Municipal de Augas do Concello de Ourense foi adxudicado o 1 de marzo de 1.993, por un período de 25 anos. A achega do remate do período de adxudicación “fai necesario efectuar polo miúdo un estudo económico financieiro da concesión do servizo co fin de reavaliar os custes e prestacións do servizo, así coma a incorporación ao mesmo de novas instalacións” coma o acondicionamento dos colectores xerais e os interceptores da marxe dereita do Miño, que sustitúen aos existentes e permiten solventar verquidos urbáns, segundo se pon de manifesto na providencia da Concellería de Infraestruturas en maio de 2012.

O prego de prescripcións técnicas, con data de abril de 2012, recolle coma obxeto do contrato reavaliar os custes e incorporar aos traballos da concesionaria a existencia de novas infraestruturas vencelladas ao servizo.

A reorganización administrativa do Concello no mes de outubro de 2012, levou ao servizo a depender da Concellería de Perímetro Rural, que da continuidade ao análise e informa da necesidade da súa revisión, dado o prazo de vencemento da adxudicación e da necesidade de revisar a prestación e custe do servizo.

A Xunta de Goberno Local, aprobou a proposta esta mañá, e a realización dun informe previo e do informe definitivo conta cun prazo de 6 a 10 meses.

O Concello revisará a valoración dunha das fincas expropiadas para a construción do novo edificio xudicial nos termos definidos polo TSXG

O Concello de Ourense revisará a valoración dunha das fincas que foron expropiadas para a construción do novo edificio de Xulgado, nos termos definidos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A Xunta de Goberno Local tomou coñecemento esta mañá da sentenza ditada polo Tribunal Galego, na que estima o recurso do propietario da finca “E” desta área de reparto (AR-43-O), contra o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia de 5 de agosto de 2010 que fixa o xustiprezo dos terreos e o acordo da Xunta de Goberno Local de 26 de junio de 2008 que aprobou o proxecto de expropiación e determinou o xustiprezo.

A sentenza, consecuencia da anulación por parte do Tribunal Supremo do PXOM de 2003,  non pón en perigo a execución das obras de construción, actualmente en marcha, do novo edificio de Xulgados, ainda que obrigará ao Concello a outorgar unha maior indemnización ao propietario.

De feito, a sentenza fixa concretamente as bases para a valoración do solo: superficie de 244 m2, valoración como solo urbano non consolidado destinado a equipamento público, sistema xeral, sen atribución de aproveitamento lucrativo. O valor do solo se calculará de acordo co método residual estático e o xustiprezo non poderá ser inferior á cifra establecida no acordo da xunta de goberno que o fixou en 20.530,87 euros.

O Concello desestima dous recursos contra a adxudicación do servizo de limpeza de edificios municipais

A Xunta de Goberno Local acordou desestimar os recursos especiais en materia de contratación interpostos por dúas empresas (SG FERPESA SL.) e Procedementos de Aseo Urbano (PAU S.A.) contra a adxudicación á empresa Limpiezas, Ajardinamientos y Servicios, SERALIA, S.A., do concurso convocado polo Concello para contratar o servizo de limpeza de instalacións municipais.

SERALIA obtivo a adxudicación do contrato por acordo da Xunta de Goberno Local por presentar a oferta mellora valorada pola mesa de contratación das 13 empresas que concurriron ao concurso convocado polo Concello, seguindo os criterios de adxudicación definidos no prego de condición, publicado no Boletín Oficial do Estado de día 29 de setembro de 2012 e no Diario Oficial da Unión Europea de 19/09/12, que establecía as seguintes condicións:

– Oferta económica: 75 puntos

– Programa funcional do servizo: 20 puntos

– Horas gratuítas que se ofrecen ao Concello: ata 5 puntos

O Concello desestima as reclamacións dambas empresas (que tamén concurriran ao concurso e non obtiveron o contrato) e conclúe que a adxudicación a SERALIA está suficientemente motivada, dado que o concurso se adxudicou de acordo ás fórmulas matemáticas definidas en dito prego e ás valoracións realizadas polos técnicos municipais sobre as ofertas técnicas de cada unha das 13 empresas, informes que forman parte do expediente, que coñecen as empresas recurrentes.

O contrato ten un orzamento de 914.572 euros, IVE incluído, ao ano. Inclúe as diferentes dependencias municipais, preto dun cento de inmobles e espazos diferentes: Casa do Concello, oficinas das diferentes servizos municipais, bibliotecas, cemiterios, rede de centros cívicos, unidades de servizos sociais, garderías, entre outros.

O Concello recibe dúas novas reclamacións patrimoniais pola nulidade do PXOM de 2003

A Xunta de Goberno Local desetimou dúas novas solicitudes de responsabilidade patrimoniais derivadas da nulidade do Plan Xeral de 2003. A primeira fai referencia á responsabilidade patrimonial instada pola empresa Carnero y López SL, na que reclamaba 593.967,35 euros na rúa Vidueiro e a segunda a instancia de Inarcer SL, na zona SU16- zona 4 por importe de 62.075,35 euros.

O Consello Consultivo de Galicia desestima as reclamación, con ditame preceptivo, e da a razón ao Concello de Ourense, que non de abonar ditas cantidades en concepto de indemnización.

O Consello Consultivo esgrime dous argumentos principais nos seus ditames para negar a responsabilidade do Concello. Por unha banda, que a nulidade dunha disposición xeral, coma é o caso do PXOM, non presupón unha indemnización directa, senón que se debe acreditar a existencia dun dano ou lesión patrimonial vencellada á mesma nulidade. Por outra banda, a perda de condición de urbanizables dos terreos non é a única causa de paralización da urbanización, senón que a actualidade socioeconómica actual tamén puidera influír neste senso, e non existe unha relación directa entre a labora da Administración Local e o desestimento de traballos de urbanización non previstos nin en execución.

30 de maio de 2013 | 15:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.