O Concello programa unha charla sobre seguridade en Internet no local social de Anca
O Concello de Neda invita á cidadanía a asistir o próximo mércores, 15 de maio, á Conferencia sobre Seguridade en In-ternet que se celebrará no local social de Anca a partir das seis da tarde. A charla forma parte do programa Maior Seguridade e estará impartida por persoal formador da Garda Civil.
Está especialmente pensada para pais, nais, persoal coidador e educador, co ánimo de informalos dos posibles riscos que poden aparecer cando os menores utilizan Internet e as redes sociais e, ao mesmo tempo, dotalos dos instrumentos necesarios para que eviten ou minimicen eses posibles perigos facendo que o uso das novas tecnoloxías sexan o máis seguras posibles.











