publicidade hoxe

O Concello procede á retirada de dous semáforos que permanecían inutilizados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

Dende a Concellaría de Seguridade e Tráfico, que dirixe Juan Carlos González, infórmase de que se procedeu á retirada de dous semáforos instalados na rúa Elduayen. A actuación contou coa colaboración de Vías e Obras, dirixida por Jesús Salgueiro.

Un dos semáforos retirados encontrábase no barrio de Fontán en Mañufe, en fronte do supermercado Froiz, e impedía a utilización dunha praza destinada ao aparcadoiro. O segundo, estaba situado na rotonda coa circunvalación.

A retirada destes semáforos non repercutirá na seguridade viaria, xa que ambos os dous tan só dispoñían da función de ámbar intermitente e estaban inutilizados hai varios anos.

23 de maio de 2013 | 10:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.