publicidade hoxe

O Concello pon en funcionamento a fonte de As Travesas logo de impermeabilizala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVigo
A-
A+
Caballero na fonte

Caballero na fonte de As Travesas

O alcalde presenciou hoxe venres a posta en funcionamento da fonte de As Travesas que levaba parada desde finais do ano pasado. Os “complicados” traballos de impermeabilización ascenderon a 12.000 euros, segundo o rexedor.

A fonte de As Travesas volve estar funcionando e con auga unha vez rematados os “complicados” traballos de impermeabilización, que ascenderon a 12.000 euros. Tal e como lembrou o primeiro edil, a fonte estaba parada desde finais de ano porque filtraba auga polo vaso e polas paredes exteriores. Procedeuse a selar o vaso, ademais de arreglar a canalización de fontenería. Tal e como explicou Caballero, o autor da obra, Silveiro Rivas, foi informado sobre esta reforma.

31 de maio de 2013 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.