publicidade hoxe

O Concello mellora a mobilidade peonil e a seguranza no último tramo da avenida de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra iniciará nos vindeiros días obras de mellora da seguranza viaria e da accesibilidade na avenida de Vigo, tal e como acordara o concelleiro Luís Bará e Carmen Fouces cos representantes veciñais da zona, que esta mañá volvéronse a trasladar até a zona para informar aos veciños do inicio dos traballos.

Os arranxos, que comezarán inmediatamente despois do remate das obras en Eduardo Pondal, consisten na creación ou reforma de beirarrúas e pasos de peóns que mellorarán a mobilidade peonil no último tramo da avenida de Vigo.

Actuarase na beirarrúa (fronte ao supermercado Froiz) antes da rotonda da avenida de Vigo, para resolver afundimentos do pavimento. Tamén se reconstruirá a beirarrúa entre os números 53 e 57 da rúa, dado que hai unha diferencia de ancho neste punto, e o firme atópase en mal estado.

Tamén é necesario mellorar o paso de peóns entre os números 61 e 68, e crear un novo paso de peóns ao final da rúa, fronte aos números 90 e
92 dado que é preciso permeabilizar a mobilidade peonil á esa altura dado que non existía ningún paso até o final da avenida. A obra tamén contempla a mellora das beirarrúas no entronque da rúa Luís Seoane (nos números impares) para eliminar as barreiras arquitectónicas
e mellorar a mobilidade peonil.

O proxecto completarase coa colocación da sinalización horizontal e vertical precisa en toda a avenida, e complementaria das actuacións que
agora se van realizar.

O concelleiro Luís Bará dacordo cos veciños priorizaron estes traballos para mellorar a seguranza viaria, a accesibilidade e a mobilidade peonil no último tramo da avenida de Vigo, sendo conscientes de que a avenida necesita unha actuación en profundidade, de reforma urbana, pero que non se acometerá até despois da construcción do desdobramento, cuxos primeiros traballos poderán iniciarse este ano.

23 de maio de 2013 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.